![]() |
Escola
Aberta de Arte Sol 11, baixo (esquina Lugo) • 15402 – FERROL Tel./Fax: 981 320 665 • e-mail: correo(a)escolaaberta.com Actividades A Escola Aberta de Arte quere facer da arte algo vivo e actual. Con esta intención, organizamos desde a nosa apertura múltiples actividades culturais e artísticas, que non só teñen interese para os nosos alumnos, senón que tamén as ofrecemos ao público en xeral, para animar na medida das nosas posibilidades a vida cultural da cidade. |
Estudios Tenda Ofertas de Traballo Novas Enlaces Escríbenos |
| Actividades para o semestre Xullo-Decembro 2003 |
Actividades anteriores | ||
|
Para
o que queda deste semestre de verán-outono, a Escola Aberta de Arte ten
previstas varias actividades a disposición do público xeral, todas gratuitas. |
|||
|
|
Decembro 2003 |
O Oficio do Pintor |
|
Por
cuarto ano consecutivo ofreceremos as xornadas abertas do Oficio do Pintor,
nas que tres pintores fixeron a súa obra diante do público
e responderán ás súas preguntas. Tres días
de convivencia con artistas coñecidos e vendo de perto todos os
detalles do proceso criativo. As datas para este curso serán o
17, 18 e 19 de Decembro. A entrada, como todas as nosas actividades, libre
e gratuíta. |
|||
|
|
Novembro 2003 |
Tertulias de Arte |
|
| Recuperamos as nosas tertulias de arte, que comezaran acompañando ao Curso Gratuíto de Historia da Arte. Serán un dia de cada mes, probablemente a comezo de mes. Informarémosvos disto axiña. | |||
![]() |
Data sen decidir |
Os Budas de Bamiyán |
|
| A
Escola Aberta de Arte quere salientar a importancia do patrimonio artístico
ameazado no mundo. A destrucción na primeira primavera do novo século
dos Budas de Bamiyán e o resto do patrimonio histórico e artístico
de Afganistán por parte do governo integrista dos Talibáns
supuxo o comezo do século no que estamos a perder toda a arte antiga
a pasos de xigante. Agora a guerra de Irak supón non só matar a centos de miles de inocentes, senón tamén acabar coas fontes amorosamente conservadas ata agora da nosa cultura occidental. O peor de todo e que a destrucción do patrimonio artístico e histórico, a destrucción do patrimonio natural e a perda de milleiros de vidas humanas, a inxusticia crecente, etc, son fenómenos que van paralelos no noso mundo. |
|||
Estudios
• Actividades
• Tenda Ofertas
de Traballo
Novas Enlaces
www.escolaaberta.com
Optimizado para unha resolución
de 800x600