Volver á páxina principal Escola Aberta de Arte
Sol 11, baixo (esquina Lugo)
•  15402 – FERROL
Tel./Fax: 981 320 665 •  e-mail: correo(a)escolaaberta.com

Estudios
Tenda
Ofertas de Traballo

Novas
Enlaces

Escríbenos

   
Actividades
A Escola Aberta de Arte quere facer da arte algo vivo e actual. Con estas intencións, organizamos desde a nosa apertura múltiples actividades culturais e artísticas, que non só teñen interese para os nosos alumnos, senón que tamén as ofrecemos ao público en xeral, para animar na medida das nosas posibilidades a vida cultural da cidade.

Actividades 2002:
     
ARTE&CAFE 2001
Decembro 2002
Porta Nova á Arte
 
Este ano deixamos de facer as exposicións de ARTE&CAFÉ pero a cambio centramos todo nun só local. Onde? No Centro Comercial Porta Nova. Ali expoñen-se os traballos dos nenos e nenas alunos da Escola.
     
ARTE&CAFE 2001
Decembro 2002
Porta Nova á Arte
 
Este ano deixamos de facer as exposicións de ARTE&CAFÉ pero a cambio centramos todo nun só local. Onde? No Centro Comercial Porta Nova. Ali expoñen-se os traballos dos nenos e nenas alunos da Escola.
     

Xuño 2002
Cine da Escola
 
Dentro dos talleres de Debuxo e Pintura para Nen@s e para Adultos, fixéronse este ano unha serie de catro películas nas que os alumnos son maquilladores, técnicos e por suposto actores. A estrea, no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero no pasado mes de Xuño, foi un éxito de público e crítica.
 

Ao longo do 2002
Clases de Historia da Arte
 
Comeza o curso de Historia da Arte que daremos gratuítamente ao longo de 20 meses. Mais información AQUÍ
     

Setembro 2001
O Oficio do Pintor
 
Novamente, como no verán pasado, tres artistas galegos farán unhas xornadas abertas, nas que amosarán o seu modo de traballar ao público asistente.
     

Outubro 2001
San Lucas e 2º aniversario
 
O día de San Lucas, antigo patrón dos pintores, a Escola Aberta de Arte celebrará o segundo aniversario con diversas actividades culturais. Desta vez, un concerto de música medieval na Concatedral de San Xiao coa agrupación Malandança de música medieval. O seu director, Francisco Luengo, dará tamén unha conferencia pública sobre a reconstrucción dos instrumentos musicais do Pórtico da Gloria.
Actividades 2001:
     

Xuño 2001
Cine de Nenos
29 de Xuño 2001
Estrea no Ateneo Ferrolán ás 8:00 do Serán
Dentro do taller Debuxo e Pintura para Nen@s I e II fixéronse este ano unha serie de seis películas nas que os nenos son directores, guionistas, maquilladores, técnicos e por suposto actores. A estrea, no Ateneo Ferrolán o día 29 de Xuño ás 8 da tarde, foi un éxito de público e crítica. Todos os luns ás 7,30 da tarde pásase a película en Corner (rúa Lugo).
 
ARTE&CAFE 2001
Xullo 2001
ARTE&CAFÉ 2001
Do 6 ao 31 de Xullo 2001
Inauguración día 6 ás 6 da tarde na Escola Aberta de Arte
Exposición dos traballos do curso 2000-2001 en dezaséis cafeterías do centro de Ferrol. Os temas delas son os diferentes talleres da Escola: debuxo e pintura para nenos, debuxo e pintura de adultos, murais, gravado, lámpadas Tiffany’s, cómic (banda deseñada), fotografía, caligrafía artística...
     

Xullo 2001
Cine de Juan Pablo Etcheverry
Venres 27 Xullo 2001
Centro Cultural "Carvalho Calero" (Ferrol) ás 8:00 do serán
Este venres 27 de Xullo ás 8 da tarde imos proxectar algunhas das produccións de Juan Pablo Etcheverry, xove cineasta compostelán especializado na animación de plastilina. Un dos seus traballos pódese ver na súa páxina www.dog-interface.com.
     

Agosto 2001
Nenos e Plastilina
 
O mesmo Juan Pablo Etcheverry fará cos nenos unha xornada de demostración sobre as posibilidades plásticas e cinematográficas da plastilina.
  GRATUÍTAS  

Setembro 2001
Clases de Historia da Arte
 
Comeza o curso de Historia da Arte que daremos gratuítamente ao longo de 20 meses. Mais información AQUÍ
     

Setembro 2001
O Oficio do Pintor
 
Novamente, como no verán pasado, tres artistas galegos farán unhas xornadas abertas, nas que amosarán o seu modo de traballar ao público asistente.
     

Outubro 2001
San Lucas e 2º aniversario
 
O día de San Lucas, antigo patrón dos pintores, a Escola Aberta de Arte celebrará o segundo aniversario con diversas actividades culturais. Desta vez, un concerto de música medieval na Concatedral de San Xiao coa agrupación Malandança de música medieval. O seu director, Francisco Luengo, dará tamén unha conferencia pública sobre a reconstrucción dos instrumentos musicais do Pórtico da Gloria.

Outras actividades anteriores:

Entroido. Venres 23 de Febreiro na rúa Galiano, Dolores e Praza de Amboaxe.

II Festa de Entroido na Rúa
Por segunda vez facemos unha festa de Entroido na rúa. Será mañá VENRES 23 DE FEBREIRO, e os nenos (da escola e os que se queiran unir a nós) farán un mural colectivo de grandes dimensións na Praza de Amboaxe, e logo sairemos en procesión pola rúa Dolores e Galiano ata a nosa escola (Galiano, 28), onde se dá tempo faremos tamén unhas pintadas no empedrado da rúa.

Luns de Entroido,
26 de Febreiro do 2001,
ás 8 da tarde na Escola

Historia da Fotografía, foto a foto
Minicurso de Historia da Fotografía (por Kiko Delgado),
consistente en unha conferencia con proxección de diapositivas sobre este tema. Terá carácter público, se ben está dirixido en principio aos alumnos da nosa Escola.
Luns 26 de Febreiro ás 8 da tarde na Escola Aberta de Arte (Galiano 28, 3º).

Desde o 22 de Novembro ata o 14 de Decembro do 2000

   O OFICIO DO PINTOR (Exposición en Galería Sargadelos)
Exposición das obras e fotografías documentais das clases maxistrais que tiveron lugar en Agosto. É unha exposición benéfica, coa finalidade de recadar fondos para a Cociña Económica de Ferrol. Os autores das obras son María Manuela, Mario Iglesias, Manuel Patinha e Carmen Martin. As fotografías son de Kiko Delgado.

Venres, 1 de Decembro do 2000

Tempo de Mulleres, Mulleres a un Tempo
Acto enmarcado na celebración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero do Concello de Ferrol. Neste acto organizado pola Escola Aberta de Arte os nenos e nenas de Ferrol puideron pintar baixo unha carpa instalada na Praza de Amboaxe. Ángeles Seoane leu un poema sobre a muller e actuou o grupo de teatro Contraste.

Ata o 30 de Novembro Giocondas! (O Café da Vaca)
Exposición das versións libres da Gioconda de Leonardo da Vinci feitas polos alumnos e alumnas da escola.
Outubro 2000 Festival do 1º Aniversario e Festa de San Lucas
Festival de celebración do 1º aniversario da Escola. Coincidindo tamén co patrón dos pintores e da Escola Aberta de Arte (San Lucas) organizamos diversos actos: un concerto a cargo da Capela Compostelana celebrado na Concatedral de San Xulian, outro na rúa a cargo do grupo folc Sexfolia, a entrega de diplomas dos cursos de verán...

Agosto 2000

O OFICIO DO PINTOR
Clases maxistrais que tiveron lugar en Agosto. Os autores das obras e mestres das xornadas foron María Manuela, Mario Iglesias, Manuel Patinha e Carmen Martin.
Xuño-Xullo 2000 ARTE & CAFÉ
Exposición dos Traballos do curso 1999-2000 en dez cafeterías de Ferrol ao mesmo tempo.