ESCOLA
ABERTA DE ARTE
para explorar o mundo da arte a pracer
Estudos
para adultos
Debuxo,
pintura, gravado, fotografía... as artes plásticas
están ao teu alcance, só tes que pór vontade
e os nosos mestres guiaránte pola túa afección.
Lembra que
"a vontade leva máis lonxe que o talento".
Talleres
Os talleres diferéncianse dos cursos en que non teñen
unha duración determinada, senón que comezas os
estudios cando ti queiras e os contidos adáptanse ás
túas necesidades e desexos.
Debuxo
e Pintura
Taller
no que podes comezar desde cero ou perfeccionarte en Debuxo
ou Pintura. Non importa cal sexa o teu nivel anterior. Poderás
aprender a debuxar e pintar o que ti queiras.
Grupos aparte para preparación Belas Artes e Artes
e Oficios, Arquitectura...
Sesións
de modelo vivo (espido do natural) para pór en práctica
os teus coñecementos de debuxo ou pintura ou ben
achegarte por primeira vez a este tema artístico.
As sesións son dirixidas por un/unha licenciado/a
en Belas Artes que pode orientarte se o precisas.
horarios programa
Fotografia
Curso
completo de fotografía, que comeza ao tempo que o de
iniciación e tamén desde cero, pero cunha duración
que permite meterse a fondo en temas como o claroscuro, a
composición, os diferentes procesos... Os cursos de
iniciación á Fotografía están
pensados para poder empatar con el.