Clases gratuitas de
Historia da Arte

Segunda Edición | 2003-2005

introducción | características | programa


Introducción

O sistema educativo actual ten moitos detractores e alguns defensores; pero algo innegábel é que certos aspectos, como o ensino artístico, están prácticamente abandoados.

Unha das máis graves carencias da educación hoxe é a formación en historia da arte, que segundo observamos no noso alumnado, é moi deficiente. Figuras como Durero, Caravaggio ou Max Ernst... estilos como o románico ou o neoclásico son perfectos descoñecidos para a meirande parte da mocidade e adultos.

Para paliar dalgún xeito esta situación, a Escola Aberta de Arte ten unhas clases gratuitas de Historia da Arte, ás que non só os nosos alumnos senón calquera a quen lle interesen, pode asistir libremente.

Este curso xa se ten dado entre os anos 2001 e 2003, e en vista do éxito da iniciativa, tras un pequeno descanso volvemos a programá-lo.

Partimos esta vez coa experiéncia do primeiro, o cal se materializa en algunhas novidades:

  1. Un programa no que xa incluímos as catro clases engadidas ao orixinal (Románico e Gótico por separado, clase adicada ao Manierismo, clase adicada ao Modernismo e clase adicada ás alternativas á Arte Oficial dos séculos XX e XXI).
  2. Un taller complementario, algo que foi solicitado polos alunos, e no que imos falar máis en detalle das épocas estudadas no Curso Gratuíto. Este será un taller de unha hora e media de duración, un día por semana, e farán-se visitas a museus, exposicións e monumentos alén de atividades e exercícios práticos. Contará tamén con médios audiovisuais como vídeos e presentacións, audicións de música e cinema. O prezo do taller será moi económico.




Características

As clases teñen lugar na Escola Aberta de Arte (Sol 11, baixo (esq. Lugo)) unha vez ao mes desde o mes de Outubro do 2003, até o mes de Setembro do 2005.

A profesora é Pilar Freire Rodríguez, licenciada en Historia da Arte.

Duración total: 60 horas.
Para asistir a estes cursos só é preciso inscribir-se na propia escola ou por teléfono ou e-mail.
Prezo: grátis (de balde, cero euros).


Cada clase dura duas horas e média,
desde as 7 ás 9,30 da noite.
Celébranse o último venres de cada mes.
No caso de que o último venres dun mes sexa festivo, a clase dará-se o venres da semana anterior (datas indicadas na táboa en cursiva).

Os alumnos poden asistir ao curso inteiro (24 clases), ou a clases soltas .
Ao final do curso poderáse solicitar un diploma acreditativo do curso, só cando se fixo inteiro.
Tamén é posíbel obter un xustificante nada máis polas horas ás que se teña asistido.





Programa

 

Data
Tema

1

venres, 31 de outubro (2003)

Introducción. Como achegarse á Arte.

2

venres, 28 de novembro (2003)

Arte Antiga. Arte prehistórica, Exipto e Mesopotamia.

3

venres, 19 de decembro (2003)

Arte Clásica. Grecia e Roma.

4

venres, 30 de xaneiro (2004)

A Alta Idade Media. Desde a arte paleocristiana aos visigodos.

5

venres, 27 de febreiro (2004)

Prerrománico e Románico

6

venres, 26 de marzo (2004)

O Gótico

7

venres, 30 de abril (2004)

Renacimento. Desde Giotto ao Quattrocento.

8

venres, 28 de maio (2004)

Renacimento. Cinquecento.

9

venres, 25 de xuño (2004)

Manierismo.

10

venres, 30 de xullo (2004)

Renacimento fóra de Italia.

11

venres, 27 de agosto (2004)

Barroco I.

12

venres, 24 de setembro (2004)

Barroco II.

13

venres, 29 de outubro (2004)

Neoclasicismo.

14

venres, 26 de novembro (2004)

Romanticismo.

15

venres, 17 de decembro (2004)

Século XIX. O Impresionismo.

16

venres, 28 de xaneiro (2005)

Século XX. O Modernismo.

17

venres, Outubro (2005)

Século XX. As Avangardas Históricas.

18

venres, Novembro (2005)

Século XX. Arte dos totalitarismos.

19

venres, Decembro (2005)

Século XX. Segunda metade. EEUU e o seu influxo.

20

venres, Xaneiro (2006)

Século XX. Arte Oficial fin de siécle (Arte Contemporánea Oficial).

21

venres, (2006)

Século XX. Alternativa á Arte e á  História da Arte oficiais (Arte Contemporánea non oficial).

22

venres, (2006)

Outras culturas e as súas Artes (aquí é probábel que dividamos esta clase en dúas, con arte africana, americana e de oceanía por unha banda e arte asiática pola outra).

23

venres, (2006)

Arte en Galicia até o século XVI.

24

venres, (2006)

Arte en Galicia desde o XVII até hoxe.

 
Volver arriba
| introducción | características