ESCOLA ABERTA DE ARTE
para explorar o mundo da arte a pracer

   

estudios para nenos

A formación artística debe comezar, a igual que no ensino musical ou da língua, pola nenez. Na escola comezamos aos tres anos coas clases de arte, cun primeiro contacto moi positivo cos materiais artísticos.

 
Talleres
Os talleres diferéncianse dos cursos en que non teñen unha duración determinada, senón que comezas os estudios cando queiras e os contidos adáptanse ás túas necesidades e desexos.

De 3 a 5 anos
Arte para Nenos I, antes Gardería das Artes.
Taller no que os nenos teñen un primeiro contacto cos materiais artísticos e o seu uso. Os lápices e as pinturas, o barro, a plastilina son xogos cos que  o neno vai introducíndose no mundo da cor e a forma... pero sen aburrirse.
Clases de unha hora e media de duración.

horarios • programa
De 6 a 7 anos
Arte para Nenos II
Taller intermedio de arte para nenos, nos que os exercicios dos nenos máis pequenos comezan a ser algo máis complicados, segundo a idade dos nenos e nenas que asisten.
Clases de unha hora e media de duración.

horarios • programa
Desde 8 anos
Arte para Nenos III antes Debuxo e Pintura para Nenos
Taller no que se combina o debuxo do natural coa creación plástica libre para obter o máximo de resultados e a máxima diversión.



horarios • programa

volver arriba


Estudios ActividadesOfertas de TraballoNovasEnlacesPáxina principal
Esta páxina está en construcción. Perdoade as molestias.
Optimizado para unha resolución de 800x600