|

Rua do Sol 11, baixo (esq. Lugo)
15.402 - FERROL (A Coruña - SPAIN)
Tel./Fax: 981 320 665
correo(a)escolaaberta.com
www.escolaaberta.com
|
|

| Novas |
-
Tertulias de Arte
Coincidindo
co comezo do tratamento da avangarda artística nas clases
de Historia da Arte gratuítas, os primeiros luns de cada
mes (desde o 3 de Febreiro de 2003) ábrense as nosas
Tertulias, desde as 8 da tarde en adiante. Están abertas
ao público en xeral e nelas participan dous profesores
da Escola: Pilar Freire, a profesora de Historia da Arte, e
Anxo Varela, profesor de pintura.
- Clases
gratuítas de Historia da Arte
Continuamos
co curso gratuíto de Historia da Arte, que neste ano
2003 aborda a súa recta final co estudio das avangardas
artísticas históricas. Logo de facer un repaso
novidoso no seu programa e non exento
de polémica á arte contemporánea entraremos
na arte feita en Galiza desde as orixes ata agora.
- Exposicións
O
sábado 25 de Xaneiro fomos de excursión a Coruña
para visitar dúas mostras importantes: Picasso Joven
(Fundación Pedro Barrié de la Maza) e a de
gravados de Piranesi (Fundación Caixa Galicia).
Aconsellámosvos visitalas antes de que terminen.
Asimesmo sabede que en Cafeto hai unha exposición de
Carmen Martin chea de teteiras.
En poucos días recolleremos a exposición de traballos
dos nenos da Escola que está aínda no Centro Comercial
Porta Nova.
|
|